domingo, 28 de noviembre de 2010

Sortearemos sen medo as máis grandes tempestades co capitán máis amigo do mar: Manuel Antonio.

Un día destes ás doce en punto da noite, largará amarras do peirao de Setefogas o "Pailebote Branco". Achegareime puntual ó porto para embarcar; desviareime de cruces de camiños para eludir un posible encontro coa Santa Compaña dos bos e xenerosos Rianxeiros que van percorrendo fragas e camiños neboentos na súa rolda noitébrega polos lindes do pobo.  Están alporizados porque non van as cousas da Terra ó seu gusto. Vai ó mando do barco un tal Manuel Antonio ( tamén coñecido polo sobrenome de poeta do mar) . Eu vou enrrolado no navio coma rapaz d'a bordo. Tentaremos alcanzar a Armórica en tres singraduras se os ventos son favorables, e deixaremos tras noso  "Un Ronsel de Estrelas". No caso de que alguén se queira enrolar, hai : Unha praza de contramestre, cinco de mariñeiro e moitas para embarcar como xente de pasaxe. Advertimos que pode ser un viaxe sen retorno se nos mergullamos no pensamento poético do noso Capitán. Sen embargo todo tripulante terá o dereito de mandar unha carta o destiño que queira, escrita nunha folla de carballo, desde a Bretaña.

Rianxo : Ano do Señor de 2010

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Un ronsel de estrelas.Unha singradura inesquecible co grupo de teatro AIRIÑOS de Asados.

Muller embarazada.

" Mundo actual" . Foto de corpo enteiro.

O home responsable...

Son unha alma en pena , e ando percorrendo fragas e camiños neboentos na rolda noitébrega desta Santa Compaña de bos e xenerosos.
Hai sitio para quen queira acompañar.
Severo Araújo Silva ( Rianxo 1846/ Santiago 1910.
Bispo auxiliar de Compostela. Parente próximo do poeta Manuel Antonio.
.

lunes, 22 de noviembre de 2010

¡¡Cantos temporales apaciguaches!!

APOCALIPSIS. El primer sello

(Ap. 6:1)  Ví cuando el Cordero abrió uno de los sellos, y oí a uno de los cuatro seres vivientes decir como con voz de trueno: Y miré, y he aquí un caballo blanco; y el que lo motaba tenia un arco; y le fué dada una corona y salió venciendo para vencer".
Muller do mar Rianxeira. RIANXEIRA.
A Xosé Suárez e Maruxa Miguéns compoñentes do mítico grupo de música tradicional " Os Rosales" de Asados-Rianxo.
"Mentres que na Terra quede un gaiteiro, non perderemos as nosas señas de identidade".
A muller Universal.
O museo De Nós Nuco, inaugurouse o 18 de  xullo de 2009 contando con máis de cento cincuenta esculturas en diversos materiais. No acto de inauguración  ( na mesa) Nuco contou co apoio de bos amigos: Elena Villar Janeiro (Presidenta da Fundación Rosalia de Castro) Xosé Luís Axeitos Agrelo ( Académico da Real Academia Galega) Pedro Piñeiro Hermida ( Alcalde de Rianxo).
Nuco estivo acompañado por máis de duas centas noventa persoas que encheron o Auditorio de Rianxo, entre eles  grandes persoeiros da literatura, das artes ... da cultura. Nuco non quere dar nomes, só dicir que todos eran amigos e a todos está agradecido. Habería que recordar que os  Rosales de Asados ( Xosé e Maruxa) grandes amigos, nos fixeron pasar un intre emocionante e cheo de arte pola súa parte. Eles foron quen de facer vibrar a un público que emocionado dicideu acompañar a súa música con palmas.

O Museo De Nós Nuco, agradece as mostras de solidariedade e cariño o día da súa inauguración e dicir que ten as portas abertas a quen o queira visitar, podendo contar de seguro con unha visita guiada por parte do escultor Nuco
Grazas

domingo, 21 de noviembre de 2010

 E quixen ser un ventureiro das letras
O noso comandante empregou unha das palabras máis enxebres e fermosas da nosa lingua para renunciar á soberbia: Ventureiro.

A ollada indolente.

  O vello rompedor de ondas, intrépido ganador de pan salgado. Repousa triste baixo a mirada indiferente do corpo que pasa.

A "V" da victoria chea de soberbia a cabalo dun mundo ferido.

Logotipo para unha banda de música

Fibra de vidro. Un traballo de Nuco.

Fogueteiros: Anunciadores de festexos e festas maiores.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

O museo " De Nós Nuco " conta na actualidade con máis de cento cincuenta esculturas de execución propia do escultor Nuco. Neste intre podemos ver traballos feitos con diferentes materiais:
Pedra, aceiro, alambre, e fibra de vidro. Nuco, anda sempre a búsqueda de novos camiños e novas formas de expresión de seu, sen importarlle o material a empregar, pois entende que toda materia ten a dignidade suficiente para conquerir unha boa peza de arte, se cae nas mans axeitadas.

"De Nós Nuco", é un museo encadeado as propias entrañas desta terra de onde consigue o alento e a forza necesaria para sobrevivir con dignidade.

Expresionismo

Escaparate de inmortais humanos:
nas elegantes formas.
animadas en ferro
da man do executor,
viven as ondas rexas, do vento, do salitre,
corpos ledos e tristes
do país milenario,
e a nosa vella estirpe labrega e mariñeira,
e o celme desta terra.

Concertación dun universo pleno
despregado nas alas
do xenio creador,
na mirada sublime dun fillo deste pobo.
Falan connosco profetas verdadeiros,
voces eternas
grandes
xenerosas
Fala o acento da patria

Xesús Rábade Paredes
_______________________________________________

Enderezo: Rúa San Xosé, 15 -- Rianxiño 15920 - Rianxo.

Horarios de visita:
De luns a sábado de 18:00 a 21:00 h. ( Verán )
De luns a sábado de 16:00 a 19:00 h. ( Inverno)

Para outros posibles horarios de visita
concertar previamente no Tfno 981 860285
ou no e-mail: riodexeixos@hotmail.com

( Entrada libre)