jueves, 2 de diciembre de 2010
domingo, 28 de noviembre de 2010
Sortearemos sen medo as máis grandes tempestades co capitán máis amigo do mar: Manuel Antonio.
Un día destes ás doce en punto da noite, largará amarras do peirao de Setefogas o "Pailebote Branco". Achegareime puntual ó porto para embarcar; desviareime de cruces de camiños para eludir un posible encontro coa Santa Compaña dos bos e xenerosos Rianxeiros que van percorrendo fragas e camiños neboentos na súa rolda noitébrega polos lindes do pobo. Están alporizados porque non van as cousas da Terra ó seu gusto. Vai ó mando do barco un tal Manuel Antonio ( tamén coñecido polo sobrenome de poeta do mar) . Eu vou enrrolado no navio coma rapaz d'a bordo. Tentaremos alcanzar a Armórica en tres singraduras se os ventos son favorables, e deixaremos tras noso "Un Ronsel de Estrelas". No caso de que alguén se queira enrolar, hai : Unha praza de contramestre, cinco de mariñeiro e moitas para embarcar como xente de pasaxe. Advertimos que pode ser un viaxe sen retorno se nos mergullamos no pensamento poético do noso Capitán. Sen embargo todo tripulante terá o dereito de mandar unha carta o destiño que queira, escrita nunha folla de carballo, desde a Bretaña.
Rianxo : Ano do Señor de 2010
Rianxo : Ano do Señor de 2010
sábado, 27 de noviembre de 2010
viernes, 26 de noviembre de 2010
miércoles, 24 de noviembre de 2010
lunes, 22 de noviembre de 2010
O museo De Nós Nuco, inaugurouse o 18 de xullo de 2009 contando con máis de cento cincuenta esculturas en diversos materiais. No acto de inauguración ( na mesa) Nuco contou co apoio de bos amigos: Elena Villar Janeiro (Presidenta da Fundación Rosalia de Castro) Xosé Luís Axeitos Agrelo ( Académico da Real Academia Galega) Pedro Piñeiro Hermida ( Alcalde de Rianxo).
Nuco estivo acompañado por máis de duas centas noventa persoas que encheron o Auditorio de Rianxo, entre eles grandes persoeiros da literatura, das artes ... da cultura. Nuco non quere dar nomes, só dicir que todos eran amigos e a todos está agradecido. Habería que recordar que os Rosales de Asados ( Xosé e Maruxa) grandes amigos, nos fixeron pasar un intre emocionante e cheo de arte pola súa parte. Eles foron quen de facer vibrar a un público que emocionado dicideu acompañar a súa música con palmas.
O Museo De Nós Nuco, agradece as mostras de solidariedade e cariño o día da súa inauguración e dicir que ten as portas abertas a quen o queira visitar, podendo contar de seguro con unha visita guiada por parte do escultor Nuco
Grazas
domingo, 21 de noviembre de 2010
A ollada indolente.
O vello rompedor de ondas, intrépido ganador de pan salgado. Repousa triste baixo a mirada indiferente do corpo que pasa.
viernes, 19 de noviembre de 2010
miércoles, 17 de noviembre de 2010
O museo " De Nós Nuco " conta na actualidade con máis de cento cincuenta esculturas de execución propia do escultor Nuco. Neste intre podemos ver traballos feitos con diferentes materiais:
Pedra, aceiro, alambre, e fibra de vidro. Nuco, anda sempre a búsqueda de novos camiños e novas formas de expresión de seu, sen importarlle o material a empregar, pois entende que toda materia ten a dignidade suficiente para conquerir unha boa peza de arte, se cae nas mans axeitadas.
"De Nós Nuco", é un museo encadeado as propias entrañas desta terra de onde consigue o alento e a forza necesaria para sobrevivir con dignidade.
Expresionismo
Escaparate de inmortais humanos:
nas elegantes formas.
animadas en ferro
da man do executor,
viven as ondas rexas, do vento, do salitre,
corpos ledos e tristes
do país milenario,
e a nosa vella estirpe labrega e mariñeira,
e o celme desta terra.
Concertación dun universo pleno
despregado nas alas
do xenio creador,
na mirada sublime dun fillo deste pobo.
Falan connosco profetas verdadeiros,
voces eternas
grandes
xenerosas
Fala o acento da patria
Xesús Rábade Paredes
_______________________________________________
Enderezo: Rúa San Xosé, 15 -- Rianxiño 15920 - Rianxo.
Horarios de visita:
De luns a sábado de 18:00 a 21:00 h. ( Verán )
De luns a sábado de 16:00 a 19:00 h. ( Inverno)
Para outros posibles horarios de visita
concertar previamente no Tfno 981 860285
ou no e-mail: riodexeixos@hotmail.com
( Entrada libre)
Pedra, aceiro, alambre, e fibra de vidro. Nuco, anda sempre a búsqueda de novos camiños e novas formas de expresión de seu, sen importarlle o material a empregar, pois entende que toda materia ten a dignidade suficiente para conquerir unha boa peza de arte, se cae nas mans axeitadas.
"De Nós Nuco", é un museo encadeado as propias entrañas desta terra de onde consigue o alento e a forza necesaria para sobrevivir con dignidade.
Expresionismo
Escaparate de inmortais humanos:
nas elegantes formas.
animadas en ferro
da man do executor,
viven as ondas rexas, do vento, do salitre,
corpos ledos e tristes
do país milenario,
e a nosa vella estirpe labrega e mariñeira,
e o celme desta terra.
Concertación dun universo pleno
despregado nas alas
do xenio creador,
na mirada sublime dun fillo deste pobo.
Falan connosco profetas verdadeiros,
voces eternas
grandes
xenerosas
Fala o acento da patria
Xesús Rábade Paredes
_______________________________________________
Enderezo: Rúa San Xosé, 15 -- Rianxiño 15920 - Rianxo.
Horarios de visita:
De luns a sábado de 18:00 a 21:00 h. ( Verán )
De luns a sábado de 16:00 a 19:00 h. ( Inverno)
Para outros posibles horarios de visita
concertar previamente no Tfno 981 860285
ou no e-mail: riodexeixos@hotmail.com
( Entrada libre)
martes, 16 de noviembre de 2010
miércoles, 8 de septiembre de 2010
jueves, 2 de septiembre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)